Wednesday 12 October 2016

Retomando o meu blogue!


Hoxe retomo este blogue para "aproveitar" que empezo un novo curso, e así, ademáis de recordar vellos tempos disfrutando cunha temática que me encanta, como son os contos infantís, continúo aprendendo novas formas de "chegar aos alumnos" a través desta ferramenta tan valiosa hoxe en día.
Somos moitos os que empezamos cun blogue e co paso do tempo, debido a diversas circunstancias como os estudos, comezar a traballar, ou mil cousas máis, deixámolos un pouco de lado e olvidamos o bonito que resulta compartir contidos a través destas plataformas.
Así que, dende aquí, mando un saúdo a todas esas persoas que, coma min, nalgún momento viron que isto era realmente útil pero tivérono que deixar, e grazas a un curso ou a calquera outra cousa retoman e recordan vellos tempos ;)
Este novo curso chámase "Ambientes persoais de aprendizaxe e redes sociais na educación".
Desenvólvese na plataforma PLATEGA, e espero e desexo que a partir de agora me sirva para continuar con isto que tanto me gusta, que é compartir e aprender de diversas fontes algo tan bonito como é a educación.
Traballo no CPI Julia Becerra Malvar, en Barrantes (Ribadumia).
Déixovos un enlace ao blogue do noso cole, que en breve poñeremos en marcha de novo, e ao blogue de Dinamización Lingüística, no que colaboro activamente coa coordinadora. Somos de Barrantes! Xa podedes imaxinar o divertido que pode ser isto, jeje.

http://cpijuliabecerra.blogspot.com.es
http://somosdebarrantes.blogspot.com.es

E xa que estamos... tamén vos deixo un vídeo dun LIPDUB que se fixo no noso cole... si e que os nosos pequechos son uns artistas!!


Moi bos días a tod@s!!