Tuesday 13 December 2016

Chis pum! Todo o bo acaba...

Ola de novo a tod@s!
Xa moi pretiño das vacacións de Nadal, toca facer unha reflexión final acerca do curso que estiven facendo nestre trimestre:  "Ambientes persoais de aprendizaxe e redes sociais na educación".
Debo dicir que non lle puiden adicar todo o tempo que debería ou me gustaría, porque ser docente tamén implica un traballo na casa que ás veces se nos vai das mans e nos leva moito máis tempo do que pensamos, e aínda así, creo que conseguín aprender bastantes cousas ata o de agora descoñecidas para min.
Así que que a "grosso modo" esta é unha boa valoración, estou satisfeita co resultado, e tentarei seguir argallando para mellorar día a día e sacarlle partido aos contidos que nos ensinaron.
Sen máis, moitas grazas polas aportacións de tódolos compañeiros e titores do curso, por sacarnos de dúbidas e por compartir desinteresadamente toda a información.
Moi boas festas a tod@s e... vémonos na próxima!!


Sunday 20 November 2016

Emocionario... un novo libro para ter sempre a man

Coñecedes o EMOCIONARIO?
Se non é así... aquí vos deixo un pequeniño adianto para animarvos a telo nos vosos coles, casas, mochilas... porque de verdade que paga a pena telo! Apertas e ata pronto!!


Saturday 19 November 2016

A Curación de Contidos

Ola de novo! Hoxe toca falar dun tema que ata o de agora non escoitara nunca, pero considero que debe ser tido moi en conta posto que cada vez máis, as novas tecnoloxías van invadindo terreo, acumúlase a información, e hai que saber "seleccionar".
Estoume a referir á CURACIÓN DE CONTIDOS.



Isto é a labor de atopar, agrupar, organizar, valorar e compartir online. Para realizar tal traballo (e optimizalo ao máximo) hai ferramentas que nos axudan, ben co seguimiento de contidos, ben co filtrado, a optimización ou a programación dos mesmos.

Algunhas das ferramentas que se relacionan coa curación de contidos son as seguintes:


Feedly: o sucesor de Google Reader

Feedly é un lector de feeds RSS especialmente deseñado para dispositivos móviles. Feedly nace no 2008, da man de Edwin Khodabackchian, a nas súas orixes chamouse Feedo, un nome máis sonoro que acabou evolucionando na nomenclatura actual.
¿Por qué me gusta Feedly? Teño que admitir que eu persoalmente non o coñecía ata que tiven que empregalo no curso de "Ambientes persoais de aprendizaxe e redes sociais na educación" que estou cursando este ano na plataforma PLATEGA. Polo sinxelo da súa plataforma, intuitiva e fácil de usar, que permite categorizar as noticias, así como recibir suxerencias. Asimesmo, a presentación dos contidos realizase en modo revista, polo que non temos que prescindir das imaxes.

Flipboard:atopa o que queres 

A web Applesfera dáballe a esta app unha nota de 7.7 sobre 8, e valoraba positivamente o seu deseño de navegación, similar ao dunha revista. Sen dúbida, a interfaz de Flipboard é un dos seus puntos fortes, así como o feito de que se pode conectar con redes sociais coma Facebook e Twitter.

Prismatic: todo o que che interesa, nun só lugar

Prismatic non é estrictamente un curador de contidos, pero é unha boa ferramenta para actualizar Facebook e/ou Twitter se non dispos de moito tempo.
Permite atoparar, de maneira predeterminada, contidos por ubicación ou temática. Se te estás iniciando ou non tes moito tempo, é unha boa opción para actualizar as túas redes.

Paper.li: prensa dixital á tua medida 

Paper.li é, ante todo, unha ferramenta sinxela e intuitiva. Permite rexistrarte con Facebook ou Twitter, selecciona automáticamente os contidos coas palabras clave que selecciones (p.e. Marketing, Social Media…) e crea en dous sinxelos pasos unha publicación dixital que se repartirá a través de redes sociais.
Paper.li tamén ofrece unha opción manual para curar os contidos, así como axustes relativos á apariencia do diario e das súas fontes.


Chámanme moito a atención o que sucede nun día normal en Internet:
  • Publícanse 2 millóns de post en blogs e páxinas webs.
  • Súbense 250 millóns de fotos novas a Facebook.
  • Consúmense 864.000 horas de vídeo en Youtube.
  • Lánzanse 140 millones de tweets.
É necesaria unha regulación. Necesítase un remedio para esta enfermidade da información.

Wednesday 12 October 2016

Retomando o meu blogue!


Hoxe retomo este blogue para "aproveitar" que empezo un novo curso, e así, ademáis de recordar vellos tempos disfrutando cunha temática que me encanta, como son os contos infantís, continúo aprendendo novas formas de "chegar aos alumnos" a través desta ferramenta tan valiosa hoxe en día.
Somos moitos os que empezamos cun blogue e co paso do tempo, debido a diversas circunstancias como os estudos, comezar a traballar, ou mil cousas máis, deixámolos un pouco de lado e olvidamos o bonito que resulta compartir contidos a través destas plataformas.
Así que, dende aquí, mando un saúdo a todas esas persoas que, coma min, nalgún momento viron que isto era realmente útil pero tivérono que deixar, e grazas a un curso ou a calquera outra cousa retoman e recordan vellos tempos ;)
Este novo curso chámase "Ambientes persoais de aprendizaxe e redes sociais na educación".
Desenvólvese na plataforma PLATEGA, e espero e desexo que a partir de agora me sirva para continuar con isto que tanto me gusta, que é compartir e aprender de diversas fontes algo tan bonito como é a educación.
Traballo no CPI Julia Becerra Malvar, en Barrantes (Ribadumia).
Déixovos un enlace ao blogue do noso cole, que en breve poñeremos en marcha de novo, e ao blogue de Dinamización Lingüística, no que colaboro activamente coa coordinadora. Somos de Barrantes! Xa podedes imaxinar o divertido que pode ser isto, jeje.

http://cpijuliabecerra.blogspot.com.es
http://somosdebarrantes.blogspot.com.es

E xa que estamos... tamén vos deixo un vídeo dun LIPDUB que se fixo no noso cole... si e que os nosos pequechos son uns artistas!!


Moi bos días a tod@s!!